¿Quén somos?
Somos unha asociación sen ánimo de lucro
que traballa no eido da comunicación local de proximidade para
lograr a visibilidade de Galiza e da súa cultura no espazo
comunicativo catalán. Os membros de ERGaC son na súa maioría xente
nova, e entre eles hai tanto galegos coma cataláns. A través dos seis
programas radiofónicos que integra, ERGaC pretende darlle á
comunidade galega de Catalunya unha canle de comunicación coa súa
terra, ao tempo que ofrece a calquera persoa unha porta aberta á
realidade dunha das culturas integradas na sociedade catalá. Aos
programas radiofónicos, sumouse máis tarde o voceiro A Micro
Pechado, unha publicación en galego de actualidade e cultura que se
edita mensualmente en Barcelona, sendo a única desta periodicidade editada na Galiza exterior.
Intercambio cultural Galiza - Catalunya!
Novas de actualidade!
Dignificación da cultura galega!
Identidade galega!
Voz crítica do mundo!
inicio
|