Historia

Xuridicamente ERGaC constituíase en asociación o día 22 de febreiro de 1993, cando a Generalitat de Catalunya aprobaba os estatutos que lle foran presentados. Mais ERGaC xa era coñecida polos galegos residentes en Cataluña dende moito antes.pujol A xente que daquela andaba a facer radio en galego en diferentes emisoras considerou que sería positivo xuntar todos os programas nunha asociación, sen que por iso cada un deles perdese a súa independencia e o seu estilo. Ao mesmo tempo, tentábase dar a coñecer as múltiples actividades socioculturais xeradas polas entidades galegas en Catalunya, dándolles unha unidade e potenciándoas na medida do posible.
O obxectivo prioritario de ERGaC foi, e segue a ser, o espallamento da cultura galega en Cataluña, onde residen tantas persoas orixinarias de Galicia, moitas delas, galegos de segunda e terceira xeración que precisan dun vieiro de comunicación que os poña en contacto coas súas raíces e coa lingua. rivasMoitos dos compoñentes da xuntanza constituínte de Ergac xa non se adican ás tarefas radiofónicas pero forman e han formar sempre parte deste eixe que nos move, a procura de que a lingua e o espírito galegos non se murchen nunca nesta Catalunya na que temos chantado o presente.

Xa deixamos atrás un curto, pero intenso pasado. Nese pasado soan nomes de programas como A Nosa Terra, en Radio Florida (Hospitalet) conducido por Paquita Álvarez; Galicia máis cerca, en Radio Gramanet, a cargo de Moncha Prieto; Sempre en Galicia en Radio Cornellà, dirixido por Ramón López, ou programas como Galicia connosco de Ona Sants, Escoita Galicia de Radio Llagosta ou Con Agarimo en Radio Llefiá.