Barcelona Atlàntica

Ràdio Trinitat Vella - 91.6 FM, Martes de 20 a 21h.

Programa que quere informar da actualidade social e cultural de Galicia e de Catalunya dende unha perspectiva fresca e desenfadada. No programa préstate especial atención aos movementos sociais e as novas tendencias culturais e tecnolóxicas. Na primeira metade do programa acostúmase a tratar un tema de actualidade a través da entrevista do día. Deseguido, a ciencia e as novas tecnoloxías teñen un oco no "Laboratori XXI", onde se informa e se debaten novas científicas de interese. Os últimos minutos do programa aproveitanse para tratar temas sociais que non teñen cobertura nos medios de gran audiencia. Ao longo do programa, pódense escoitar dous ou tres cortes de música galega, acotío temas actuais. No primeira tempada, o programa estivo co-dirixido por Rubén Conde e Pablo Aguiar, coa participación de Ana Belén Real, Helena Domínguez e Judith Vázquez. Na nova tempada que comeza están previstos cambios importantes nos colaboradores. O equipo do Barcelona Atlántica mantén un blog informativo no que se pode atopar un resumo semanal do programa e as novas máis destacadas.

Blog BCN Atlántica


Voltar