Aturuxos
Ràdio Ciutat Vella - 100.5 FM, Lúns de 20 a 22h.
Este magazine emítese en Ràdio Ciutat Vella todos os luns as 20h.
Aturuxos quere transmitir contidos diversos —cultura,
política, novas...— dun xeito divertido, co toque de humor
que cada semana lle dan Xosé Manuel e Alberte Fernández Montes. Anos antes, o programa estivera dirixido por Ana Belén Real e mais por Eduard del
Castillo Velasco, un catalán sen ascendencia galega
interesado dende hai moito tempo pola lingua e a cultura de Galiza.
O programa tamén contou coa colaboración do profesor Xosé Antón
Pérez Bouza, que traía a literatura galega ao
programa ou mesmo Antón
Fernández, encargado da realización do “Especial Eleccións
16-N”, con entrevistas feitas nas sedes dos partidos a mesma noite
electoral.
Todo o programa aparece amenizado
coa música e coas sorpresas que en cada programa van
xurdindo, porque en Aturuxos se sabe do que se empeza a falar, pero
nunca do que pode acabar acontecendo...
Na última tempada o programa incluíu a
colaboradores e corresponsais que informan dende Cataluña
ou dende Galicia, como a crónica semanal da actualidade
social, cultural e política que fai Antón Fernández,
corresponsal de ERGaC en Galicia.

|