A Micro
Pechado
O
mes de abril do ano 2000 foi especial para ERGaC porque
apareceu o primeiro número do voceiro da
asociación: A Micro Pechado. Esta
é a
primeira publicación
mensual galega en Catalunya —e única desta
periodicidade na
Galiza exterior—. A Micro Pechado serve
para achegar a
información da que dispomos, a todos aqueles que polo motivo
que sexa non poden escoitar os programas de radio, e como complemento
para aqueles que o fan. Amais, este voceiro serve como
plataforma de
intercambio de ideas e de información, aberta ás
colaboracións de calquera que nos queira botar unha
man. En A
Micro Pechado hai recomendacións de libros e
discos,
columnas de opinión e cultura, entrevistas, novas da
comunidade galega en Catalunya e a máis ampla axenda das
actividades do mundo galego no Principado. A Micro Pechado conta
xa cun amplo elenco de colaboradores entre os que destacan o
catedrático Basilio Losada, a profesora de literatura galega
na Universitat de Barcelona Helena González, o
antropólogo
Manuel Mandianes ou a poeta María do Cebreiro,
gañadora
do último Premio Caixanova de Poesía. Unha das
apostas
da publicación é a promoción dos
autores novos,
desas persoas que, con pouca obra publicada, consideramos que
teñen
que ser aínda máis coñecidas polo seu
valor
literario ou informativo. Seguindo esta liña, publicaron
textos no A Micro Pechado Samuel Solleiro, Olalla Cociña ou
Roi Vidal.
Existe
a posibilidade de subscribirse á
publicación e recibila na casa, aínda que se pode
atopar en diversos centros e entidades culturais de
Barcelona e tamén de Andorra: no Centro Galego
de Barcelona, nas emisoras de radio que emiten programas de ERGaC, na
Casa Elizalde, no Pati Llimona, en bares e restaurantes galegos e non
galegos, etc. Cómpre dicir tamén que moitas
institucións públicas de Galiza e mais de
Catalunya
reciben mensualmente este voceiro, que actualmente ten unha tiraxe de
1000 exemplares. Desde o mes de xaneiro do 2005, o voceiro
tamén esta dipoñible en formato PDF e
pódese descargar directamente
aquí.…
No mes de Xullo de 2008 a publicación cumpre 100 números. A edición especial pódese descargar nesta páxina. A partir de ese momento a publicación aposta pola calidade e opta pola periodicidade bimensual. Un formato que trae consigo máis páxinas, color, novos deseños...
|